10 Feb 2024

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras dará a coñecer en Vinexpo (París) unha selección dos viños máis representativos da comarca

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participa, dende este luns, no salón Vinexpo, de París, un dos foros de promoción vinícola máis relevantes de cantos se celebran no continente europeo. Faino da man da Asociaciación de Consellos Reguladores do Viño e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais (ACRUAGA), da que forma parte. En concreto, poderán degustarse no foro parisino 25 referencias da comarca. Cada un dos consellos galegos integrados na asociación levará o mesmo número de referencias, polo que aqueles que se acheguen ata o stand galego terán ocasión de elixir entre 150 marcas diversas de viños e licores.

En Vinexpo, os consellos reguladores galegos concorren cun espazo expositor conxunto dentro dunha acción impulsada entre a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, e ACRUAGA. O stand disporá de varios córners para que cada consello poida exhibir, de modo individualizado, os seus produtos.

Tras a experiencia de 2022, cando os consellos galegos acudiron por vez primeira todos xuntos ao foro da capital francesa, éstes volven participar aliñados neste foro para promocionar unha mostra dos seus produtos, amparados baixo cada uno dos seus selos de calidade.

José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras considera este salón “como unha plataforma magnífica para que o público europeo coñeza, de primeira man, os espectaculares godellos que elaboramos na nosa comarca, así como viños doutras variedades que tamén son moi representativas na zona”.

Trátase dun dos foros sectoriais máis relevantes de Europa e desenvolverase entre o luns 12 e  o mércores 14 de febreiro

Sobre ACRUAGA
ACRUAGA, entidade que organiza a acción, naceu en 2021 para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.

A entidade, que impulsa accións de difusión dos produtos amparados, pero tamén formativas, está conformada por seis organismos: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

A D.O. Valdeorras participa neste salón da man da Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA), da que forma parte

Vinexpo
Vinexpo 2024 é uno dos primeiros grandes encontros internacionais do viño do ano. O sector vinícola e as bebidas espirituosas singularízanse nesta edición do salón francés por aumentar considerablamente o espazo dedicado á degustación de produtos internacionais (un 72% máis con respecto a 2023).

Con máis de 3.960 expositores que acudirán ao foro, procedentes de medio cento de países, Vinexpo tense convertido nun relevante punto de encontro, imprescindible para os profesionais ligados ao eido do viño e dos licores de todo o mundo.

O salón da capital francesa, que acada a súa V edición, consolídase ademais como un observatorio para divulgar e dar a coñecer as dinámicas actuais do sector, entre as que destacan a análise de novas tendencias de consumo ou a procura dun modelo de produción máis sostible.

[arriba]

Novas Anteriores