/* */ Lousa

Lousa

O substrato xeolóxico de Valdeorras está representado, maioritariamente, por esquistos e lousas ordovícicas e silúricas con asiduas bandas de arenisca. Os chans de lousa son pouco profundos (30-50 cm), con abundantes pedras, sobre todo en superficie, e con texturas en xeral limosas.

Os viñedos cultivados neles, proporcionan viños de compoñentes aromáticos e sápidos, moi sutís e con marcado carácter mineral. Son terreos quentes que potencian o grao alcólico e a complexidade das uvas.

Pizarra
Pizarra
[subir]