Festas e Artesanía

Festas

En Valdeorras, coma no resto de Galicia, as Fiestas son inherentes ao espíritu e o sentir das súas xentes. Ao longo de todo o ano, hai festas para todos os gustos, pero aquí presentamos tres que son unha clara simbiose do ser human cos recursos naturais do entorno no que habita.

As Festas das Covas de Vilamartín e Seadur, como outras semellantes da comarca, son dúas celebracións que teñen como nexo común o viño e a terra. Cada unha das covas-adega que se preservan en bó estado nas dúas localidades, son diferentes en estructura, tamaño e estilo. Desde época romana, foron utilizadas polos veciños de Valdeorras para almacenar e preservar o viño.

Os dous eventos, celebrados no mes de agosto e na semana santa respectivamente, atraen cada ano a máis xente, desde diferentes puntos de España e o estranxeiro. Nun extraordinario ambiente de ledicia e cercanía, os visitantes van de cova en cova, probando o viño alí conservado, á mesma temperatura ambiente ideal, todo o ano. No seu interior recíbenos familiarmente os propietarios con caseiras viandas típicas da gastronomía local.

Festa das Covas, Vilamartín de Valdeorras. Primeiro sábado de Agosto

[subir]

Ruta das Covas de Seadur, Larouco (Valdeorras). Semana Santa

[subir]

Descenso do Río Sil, O Barco de Valdeorras. Setembro

O mítico río Sil ademáis de arteria principal que irriga Valdeorras, aúna no O Barco, décadas de historia e deporte, simbolizados, no mes de setembro de cada ano, en 14 kilómetros de competición a remo, para varias idades. O campionato, acostuma reunir en Valdeorras, a máis de 200 participantes que sobrepasan os 30 clubes de piragüismo galegos. A proba, pertence á amodalidade Copa Galega de ríos e Travesías, puntuable para a Copa Xunta de Galicia. Os participantes rivalizan nas categorías: K-1 Dama senior, Xuvenil e Cadete, e K-1 C-1 e K-2, Home senior, Xuvenil e Cadete.

[subir]

Artesanía

Valdeorras é terra de arte e obras artesanas de diversas manifestacións. Nesta sección, realizamos unha homenaxe a Oscar Áres González e a de Tremiñán. O primeiro, un veterán cesteiro de O Barco cuxas maos traballaron o bimbio ao longo dos anos, con destino ao sector vitícola e agrario. de Tremiñan, son dúas xeracións de escultores, (pai e fillo), que teñen dado forma en barro, compartindo estudio, tanto a motivos clásicos como abstractos.

Óscar Ares González • Cesteiro. O Barco de Valdeorras

[subir]

de Tremiñán • Escultores. O Barco de Valdeorras

[subir]