/* */ Aluviais

Aluviais

Aluviais-Chaira

Danse en O Barco e A Rúa, onde se conxugan o arrastre milenario de sedimentos polo río Sil, e limos e arxilas empurrados dende as pendentes polas augas de escorrentía. Maioritariamente son de textura franca, con tendencia limosa e ás veces con arxila en profundidade. Estes terreos, ricos en nutrientes, provocan produccións importantes, manifestando en menor porcentaxe, os caracteres propios da variedade cultivada.

Llanura
Llanura
 

Aluviais-Terraza

Terrazas que están penduradas de 4 a 10 metros do río Sil. Aparecen en lugares como, Entoma, Sobradelo, Viloira e Valencia do Sil, e están formadas por gravas redondas, area, arxilas e limos pardos e grises. Son superficies con boa drenaxe, quentes e que proporcionan viños de menor acidez ao manterse a temperatura alta polas noites.

Terraza
Terraza
[subir]