07 Nov 2014

Luis López Alvarez, membro do Consello Regulador Valdeorras dende a súa creación nos anos 50

Luis López Álvarez máis coñecido como “Luis Folla” foi membro do primeiro pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras nos anos 50. A este posto como vocal chegou pola súa relación co mundo do viño a través da adega que o seu pai fundou no Barco nos anos 40. Durante a súa vida tamén ocupou cargos de presidente e de tesoureiro no proxecto REVIVAL (Reestruturación de Viñedos de Valdeorras) a finais dos anos 70. Unha vida marcada polo viño e do que aínda hoxe fala con entusiasmo cunha copa do seu viño na man.

P -Luis Lopez Alvarez en la bodega de Córgomo

A súa relación co viño empezou con tan só 11 anos cando o seu pai Ángel López Folla abriu unha adega na vila barquense, “primeiro almacenaba o viño na adega de Ramón Alvarez na rúa Calabagueiros e despois no ano 48 abriu a súa na rúa Santa Rita, máis tarde tiveron que facer unha segunda ao lado”. Eran tempos de venta de viño a granel e o negocio marchaba tan ben que compraron unha adega mais no pobo de Córgomo “para ter onde almacenar máis viño e nesta cabían 64.000 litros”. Nos anos 50 a súa relación co mundo do viño intensificouse ao formar parte do pleno do Consello Regulador como vocal “dende o ano 54 e seguín ata o ano 85 cando me xubilei”.

luis-folla-valdeorras

Os anos pasaron e emprenderon novos retos nos que a variedade godello tivo moita importancia “empezamos a embotellar viño baixo a marca Viña do Folla e máis tarde tamén o noso godello coa marca Valdefreixo”. Esta variedade converteuse nunha nova oportunidade de negocio ,“no ano 79 pagaban a 500 pesetas a botella”, a través do proxecto REVIVAL e das subvencións estatais para facer plantacións novas. Neste novo plan para recuperar a variedade godello non só participou como adegueiro “plantei en Córgomo na zona de Valdefreixo”, senón que tamén formou parte da directiva do mesmo “primeiro estiven como presidente e despois como tesoureiro”. A súa relación co Consello Regulador e co proxecto REVIVAL foi continua ata o ano 85, cando se xubilou. Inda lembra como no ano 1983 viaxou a Madrid para asistir a unhas catas e conferencias no Instituto Nacional de Denominacións de Orixe (INDO) “foron 10 días moi interesantes”. Luis considera que o apartado formativo do Consello Regulador foi moi importante e que debería continuar.

[arriba]

Novas Anteriores