25 Nov 2015

Inicio dos cursos en valdeorras para mellorar a atención ao cliente dirixidos a adegas con oferta de enoturismo

Telecentro situado no Centro Cultural Avenida

Telecentro situado no Centro Cultural Avenida

 

    O primeiro curso celebrouse o luns, día 23, pola tarde no Telecentro do Concello da Rúa dirixido a 15 hostaleiros e adegueiros que se apuntaron a esta primeira actividade formativa titulada “Atención ao cliente”. O Consello Regulador de Valdeorras colabora coa Escola de Turismo Itinerante na organización dos cursos na DO Valdeorras. Durante o mes de decembro celebraranse os outros tres cursos previstos e o prazo para apuntarse continúa aberto para adegueiros e hostaleiros da comarca a través da web do Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Telecentro-02

O próximo curso será:

Marketing I: Comercialización de restaurantes e adegas enoturismo  Curso destinado a persoal encargado da xestión e promoción do establecemento. O curso ten como obxectivo capacitar aos alumnos de maneira que poidan deseñar un programa específico de comercialización para un restaurante.

Día: 3 de decembro, de 16:30 a 20 horas.

Lugar: Telecentro do Centro Cultural Avenida, en A Rúa. C/ Progreso, 90

Como apuntarse?

    Os interesados en apuntarse nestes cursos gratuítos teñen que enviar un correo electrónico a formacióncontinua@cshg.es co seu número de teléfono e xa lle devolven a chamada para tomarlle os datos. Tamén poden apuntarse directamente na web www.cshg.es na pestana de Consultoria e Formación. No teléfono 981 54 25 19 poden ter máis información.

Telecentro-03

Telecentro-04

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores