17 Out 2014

XX Cata Nacional Mezquita. A cooperativa de A Rúa e a Adega A Coroa premiados

premios_mezquita A Adega Cooperativa Virxe das Viñas de A Rúa e a Adega A Coroa veñen de coñecer os galardóns que lle concederon na XX edición dos Premios Mezquita, unha cata nacional de recoñecido prestixio. Este concurso, no que participan viños de denominacións de orixe de España e Portugal, é o único que se celebra anual e ininterrumpidamente en Andalucía dende hai 20 anos. A cata faise na cidade de Córdoba e está recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Participar nos Premios Mezquita da dereito a ser expositor na III Mostra de Viños de España que se celebrará nas Caballerizas Reales de Córdoba, edificio singular situado en pleno casco histórico, entre os días 31 de outubro e o 2 de novembro. Cita na que tamén se entregan os galardóns. mezquita-xx-cata-valdeorras Este concurso concede premios Gran Ouro, Ouro, Prata e Bronce. Na categoría de Ouro este ano hai dous viños de Valdeorras: o Pingadelo godello 2013 da adega cooperativa e o godello A Coroa 2013. Os dous viños valdeorreses están entre os 47 premiados de toda España e Portugal. Na categoría Prata entre os 79 premiados tamén obtiveron galardón : A Coroa Lías 2013 da Adega A Coroa, o Rúa Garnacha 2013 e o Rúa Branco 2013 da Adega Cooperativa Virxe das Viñas de A Rúa. No apartado de Bronce o Marquesiño tinto 2013 e Pingadelo mencía 2013 foron os premiados da cooperativa ruesa resultando ser os únicos tintos galegos premiados nesta categoría. mezquita-xx-cata-valdeorras-plata A cooperativa Virxe das Viñas, que está a piques de celebrar os seus 50 anos de existencia, como a Adega A Coroa recibiron estes premios con ledicia e satisfacción polo recoñecemento ao traballo que fan.

Bodega Cooperativa Virxe das Viñas

Adega A Coroa, S.A.T.

[arriba]

Novas Anteriores