18 Ago 2015

Visita oficial da Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, á DO Valdeorras

Visita ao Miradoiro de Barranco Rubio na Rúa

Visita ao Miradoiro de Barranco Rubio na Rúa

   A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a Denominación de Orixe Valdeorras. A conselleira foi recibida na sede do Consello Regulador en Vilamartín polo presidente, José Vicente Solarat, acompañado por membros do pleno del Consello en representación de viticultores, adegas cooperativas e adegas. A continuación visitou a Adega Cooperativa Jesús Nazareno de O Barco e máis tarde a Cooperativa Virxe das Viñas de A Rúa interesándose polos procesos de elaboración e instalacións de cada unha delas. A súa viaxe rematou no miradoiro de Barranco Rubio de A Rúa desde onde puido observar a paisaxe de viñedos da zona. Unhas vistas que abarcan gran parte do territorio amparado pola DO.

Na sede do Conselo co delegado territorial Rogelio Martínez

Na sede do Conselo co delegado territorial Rogelio Martínez

Record histórico de viño cualificado na DO Valdeorras

   O presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat, fixo públicos durante a visita da conselleira os datos do viño cualificado na campaña 2014-2015. A 31 de xullo de 2015 o consello cualificou 745.881 botellas máis que na anterior campaña, “un 17% máis e por primeira vez cualificouse máis viño branco que tinto”, explicou José Vicente Solarat.

   Na campaña 2013-2014 cualificáronse 4.525.227 botellas e na 2014-2015 foron 5.271.108 botellas (2.111.941 litros de branco e 1.841.390 litros de tinto).

   Solarat aproveitou a visita da conselleira para solicitarlle unha axuda para a modificación do sistema informático da vendima: “A mellora do sistema permitiría facilitar o proceso aos vedores, adegueiros e viticultores e contar cos datos actualizados en tempo real para a vendima 2016” declarou o presidente do Consello Regulador.

Vendo antigas botellas na Adega Cooperativa da Rúa

Vendo antigas botellas na Adega Cooperativa da Rúa

8 millóns de euros en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas

   Durante a súa estancia en Valdeorras, a conselleira anunciou que a Xunta destina para o período 2015-2018 un montante de 8 millóns de euros en axudas a inversións para elaboración e comercialización de produtos vitícolas. Rosa Quintana destacou o prestixio dos viños galegos de calidade á vez que manifestou o apoio do goberno galego ao viñedo como futuro do sector primario de Galicia. Precisamente as dúas adegas cooperativas que visitou esta mañá foron receptoras deste tipo de axudas.

Visita á Adega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco

Visita á Adega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores