04 Set 2014

Bioca inicia vendima saboreando o premio como mellor branco español para os arxentinos

A adega María Teresa Núñez Vega situada  en Petín e máis coñecida pola súa marca de viño Bioca, comeza a recoller uvas para a próxima anada tendo moi recente a concesión da Medalla de Ouro para o seu godello, nun concurso de viño na cidade arxentina de Mendoza, sendo o único viño español premiado.

vendimia-valdeorras-biocaA mañá do 3 setembro  converteuse na segunda adega da Denominación de Orixe Valdeorras que comezou a vendima para a elaboración de viño.  A adega recolle en primeiro lugar as uvas de godello que están en óptimas condicións, aínda que Celestino Naveira, un dos donos , explica que este ano terá “entre un 20 e un 30 % menos de produción co ano pasado xa que o 2013 foi excepcional para nós en canto a cantidade de uva recollida”. Conta que tardará ao redor dunha semana en vendimar as 4 hectáreas de godello que ten en diferentes fincas na localidade de Sampaio  (Petín). Despois agardará a que a uva mencia estea lista para iniciar a súa recollida. En total elaborará ao redor dunhas 30.000 botellas de godello e 10.000 de mencia. vendimia-valdeorras-bioca-2014 MEDALLA DE OURO: ÚNICO VIÑO ESPAÑOL CON PREMIO EN ARGENTINA Mentres recollen a seguinte colleita están disfrutando do recente premio que os converte no mellor branco español para os arxentinos. Hai unha semana coñecían a concesión da Medalla de Ouro no XI Concurso Internacional de Vinos y Licores VINUS 2014 na cidade arxentina de Mendoza. Un concurso ao que se presentaban por segunda vez e no que xa obtivo no 2012 a Medalla de Prata. Nesta ocasión competía con viños de 17 países entre os que o xurado, composto por especialistas: enólogos, xornalistas e sommeliers de países de América do Sur; concedéronlle ao viño valdeorrés unha medalla de ouro, resultando ser o único viño español que levou premio.  A colleita do Bioca godello 2013 leva acumulados moitos premios entre eles a Medalla de Ouro do concurso francés Vinealis 2014 un dos que consideran dende a adega dos máis importantes “porque o concede a Asociación de Enólogos de Francia”.  A lista de premios está sendo satisfactoria este ano xa que segundo contan, presentáronse  a 14 concursos nacionais e internacionais e lograron premios en 12.

[arriba]

Novas Anteriores