07 Mar 2024

Representantes do sector vitivinícola valdeorrés participan nun Programa de Experto en Marketing Dixital posto en marcha por ACRUAGA, da man do Igape

A Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das I.X.P Augardentes e Licores de Galicia (ACRUAGA) retoma, co respaldo da Xunta de Galicia a través do Igape e en colaboración coa Galicia Business School, a súa axenda formativa para os membros destes sectores produtivos galegos. Tras o éxisto do Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas, impulsado hay dous anos, ACRUAGA activa agora un Programa de Experto en Marketing Dixital que, durante varias semanas, se celebrará nas instalación do Balneario de Laias, no municipio ourensán de Cenlle. Neste curso participan membros do sector vitivinícola de Valdeorras, posto que o Consello Regulador é un dos que integran esta asociación.

No acto oficial de apertura deste Programa, que tivo lugar esta mañá, participaron o director da Área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás Massó; o director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga e o tesoureiro de ACRUAGA, Juan Manuel Casares Gándara.

A apertura oficial deste Programa, desenvolvido en colaboración coa Galicia Business School, celebrouse esta mañá no Hotel Balneario de Laias

Competitividade e internacionalización
Precisamente, no nome de ACRUAGA, Casares destacou que este Programa ten como obxectivo “contribuir a mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector da augardente e dos licores tradicionais”. Juan Manuel Casares incidiu tamén que o Programa, no que participan 25 membros do sector vitivinícola e dos licores e augardentes de Galicia, pertencentes aos consellos reguladores que conforman ACRUAGA, propón ademais “adaptar e modernizar as estratexias de marketing e vendas para que as bodegas e destilerías de licores e augardentes de Galicia poidan competir eficazmente nun mercado global, cada vez máis orientado cara ao dixital”.

Neste sentido, a través dos seus contidos de “alta calidade”, impartidos por un cadro docente de “gran nivel”, trasladaranse aos alumnos “ferramentas e coñecementos necesarios para incrementar as vendas e as ganancias no mercado dixital”.

Cunha duración de 57 horas repartidas en sete sesión presenciais que terán lugar os xoves de 09,30 a 18,30 horas, o curso permite -grazas á certificación DMI- que os seus alumnos poidan seguir tendo, tras a súa conclusión, acceso a contidos actualizados, cursos e webinars relacionados co marketing, transformación dixital e innovación.

O curso, no que que participan 25 alumnos, impulsarase durante sete semanas nos meses de marzo e abril

[arriba]

Novas Anteriores