/* */ Próxima parada, tren da ruta do Viño Valdeorras
12 Abr 2014

Próxima parada, tren da ruta do Viño Valdeorras

O Tren Turístico da ruta do Viño Valdeorras, que este verán percorrerá a D.O., xa está ultimando detalles para a súa posta en marcha. Realizará seis viaxes entre a D.O. Valdeorras e a D.O. Ribeira Sacra e fará as delicias de turistas e veciños da zona.

O tren turístico detivose na estación de A Rúa o domingo 6 de abril ás 13.30 horas, a viaxe tivo unha finalidade principal, verificar os tempos e horarios da ruta que está programada. O uso de liñas ferroviarias obriga a extremar a vixilancia dos tempos para evitar que coincidan cos trens de líneas regulares.

DSC02458

Os trens turísticos da Ruta do Viño Ribeira Sacra – Valdeorras comezarán os seus percorridos o 13 de xullo e serán seis os convois que se desprazarán dende Ourense. Tres deles foron programados para outros tantos sábados, coincidindo en domingo os restantes.  Coa fixación de viaxes para os dous días do fin de semana, os promotores pretenden observala resposta dos viaxeiros e comprobar qué día prefiren. O seu análise axudará a programar os itinerarios da tempada de 2015.

De cruceiro polo Sil.

Os viaxeiros que collan este tren tamén poderán realizar un cruceiro polo río Sil en catamarán, percorrendo Ribeira Sacra e deteranse en Os Peares, onde coñecerán a súa estación e aula ferroviaria, segundo recolle o programa que elaborou O Inorde. Todo esto fai desta excursión unha oportunidade única para coñecer a zona dunha maneira moi especial.

Fuente: La Región

[arriba]

Novas Anteriores