/* */ D.O. Valdeorras presenta este xoves en Ourense a XVII Feira do Viño
23 Xuñ 2014

D.O. Valdeorras presenta este xoves en Ourense a XVII Feira do Viño

feria-vino-valdeorras-presentacion

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras presentará o xoves, 26 de xuño, en Ourense, a XVII Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará os días 12 e 13 de xullo no Barco. Na presentación e posterior degustación, a gaiteira e pianista Cristina Pato exercerá de madriña do acto e compartirá un Valdeorras cos asistentes.

Á Presentación-Degustación, que terá lugar o xoves, 26 de xuño, ás 12,30 h. no Café Jam Session de Ourense (C/Ramón Cabanillas nº 18), asistirán tamén representantes do Concello e a Deputación Provincial, o alcalde do Barco, Alfredo García Rodriguez; o presidente da Confederación de Empresarios de Ourense, Juan Manuel Pérez Canal; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, Ovidio Fernández Ojea; así como o presidente e o director técnico do Consello Regulador da D.O.Valdeorras, José Luis García Pando e Jorge Mazaira, respectivamente.

Tras a Presentación da Feira, terá lugar unha Degustación dos exquisitos viños de Valdeorras, maridados con deliciosos pinchos. Para gozar ao máximo do acto, os asistentes estarán guiados pola experiencia e pericia do director técnico da D.O., Jorge Mazaira, o cal os introducirá nas excelencias e peculiaridades dos viños valdeorreses.

[arriba]

Novas Anteriores