26 Ago 2015

O godello abre vendima na DO Valdeorras

Celestino Naveira, adega María Teresa Núñez en Petín

Celestino Naveira, adega María Teresa Núñez en Petín

    Dúas adegas da DO Valdeorras, unha en Petín e outra no Barco, comezaron onte a vendima 2015 coa variedade branca godello. Unha campaña que segundo as previsións do Consello Regulador vai de camiño de ser excelente y pode chegar aos 6 millóns de quilos de uva de todas as variedades.

Araceli Fernández na finca "La Graciosa" Godeval

Araceli Fernández na finca “La Graciosa” Godeval

    As adegas María Teresa Núñez, en Petín e Godeval, no Barco, iniciaron a súa campaña 2015 apañando as uvas de godello, unha variedade que adiantou a súa maduración por mor das condicións climáticas deste ano. Así sinalan dende Bodegas Godeval que as súas fincas amosan unha semana de adianto dese proceso ao respecto do pasado ano. Nas viñas da adega María Teresa Núñez Vega as uvas están moi sas e salientan que vai ser unha moi boa colleita.

    Estas dúas adegas abren case todos os anos a campaña de vendima en Valdeorras, coas uvas de godello. Nas vindeiras semanas sumaranse á campaña a meirande parte das adegas. Por exemplo, mañá, xoves 27 de agosto, unirase ás devanditas adegas, Viña Fornos, na Rúa.

 Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores