01 Xuñ 2023

O Consello Regulador promove un concurso para elixir o cartel ilustrador da XXIV Feira do Viño de Valdeorras e articulará unha axenda de actividades paralelas para dinamizar o foro

O Pleno do Consello Regulador, reunido esta tarde en Vilamartín de Valdeorras, estudou diferentes accións e propostas para contribuír a dinamizar a XXIV Feira do Viño de Valdeorras. Un foro que se desenvolverá o 8 e 9 de xullo na praza barquense de Viloira e no que os asistentes poderán degustar viños de diferentes colleitas nas casetas das bodegas participantes.

“Pero, ademais, porase en marcha unha axenda de actividades paralelas no propio recinto feira para ofrecer alternativas de ocio e lecer, que vincularán principalmente viño e gastronomía, aos nosos visitantes”, destacou o presidente do organismo,José Ramón Rodríguez Castellanos, quen asegurou que as diferentes accións que se levarán a cabo iranse comunicando paulatinamente e con antelación suficiente a través das redes sociais e da web da D.O.

Entre as actividades que se prevé poñer en marcha destaca a xa tradicional Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras, catas maridadas e actividades dirixidas aos cativos.

A recepción de propostas para participar no concurso do cartaz está aberta ata o vindeiro 15 de xuño ás 14.00 horas

Posta en valor gráfica dun saber facer único
Tamén destacou Rodríguez Castellanos, ao finalizar a reunión plenaria de hoxe, que ao igual que o ano pasado vaise activar un concurso aberto a todos os interesados para elixir o cartaz que ilustrará a vindeira edición da feira. O premio para o gañador será de 600 €.

“O cartel debe poñer en valor dun xeito gráfico o saber facer único do sector vitivinícola da nosa comarca, que leva séculos elaborando tintos e brancos dunha altísima calidad”, destacou o presidente da D.O. Cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas distintas e o tamaño dos orixinais debe ser de 43 x 63 centímetros en posición vertical. Os carteis deben achegarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png e en alta resolución (mínimo 300ppp).

Cada proposta ten que ser enviada, indicando os datos personais do autor, por enderezo electrónico á dirección secretaria@dovaldeorras.com, ou por correo postal á seguinte dirección:

Secretaría do C.R.D.O Valdeorras

Estrada Nacional 120 Quilómetro 463

32.340-Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

 

As bases completas do concurso poden consultalas a continuación:

 

BASES DO CONCURSO DE CARTEIS PARA A XXIV EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DE VALDEORRAS

Introdución
A Feira do Viño de Valdeorras acada, neste ano 2023, a súa XXIV edición. Para promocionar o foro é preciso contar cun cartaz ilustrador orixinal, motivo polo cal o Consello Regulador vén de decidir convocar un concurso aberto a todos os interesados en participar. O cartaz debe poñer en valor dun xeito gráfico o “saber facer único” do sector vitivinícola desta comarca ourensá, que leva séculos elaborando tintos e brancos dunha altísima calidade.

Participación
A participación está abierta a calquera persoa, proceda ou non do ámbito artístico. A única condición indispensable é a de que o material presentado sexa inédito. Cada participantes poderá presentar un máximo de tres propostas distintas.

Formato
O tamaño do orixinal será de 43 x 63 centímetros en posición vertical

Presentación e entrega
Os carteis deben presentarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png e en alta resolución (mínimo 300ppp). A proposta enviarase por email ao seguinte enderezo de correo electrónico: secretaria@dovaldeorras.com ou por correo postal a:

Secretaría do C.R.D.O Valdeorras

Estrada Nacional 120 Quilómetro 463

32.340-Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Indicarse o nome e os apelidos, a dirección e o número de teléfono do autor. A data límite para a recepción de propostas remata ás 14.00 horas do día 15 de xuño de 2023.

Os orixinais que se envíen por correo postal pasarán a ser propiedade do Consello Regulador e non se devolverán aos autores.

Texto
A proposta gráfica deberá conter o seguinte texto:

XXIV Feira do Viño de Valdeorras

8 e 9 de xullo de 2023

O Barco de Valdeorras

Técnica
Nas propostas poderá empregarse calquera técnica artística: pictórica, informática, fotográfica, etc. Os carteis deseñados por ordenador deberán ter unha resolución de 300 ppp, a un tamaño real de 43 x 63 cm. No caso de resultaren gañadores, os autores que optaron por realizar a súa obra mediante sistemas informáticos, deberán achegar o correspondente soporte dixital en formato vectorial para incluir os logotipos das entidades organizadoras da feira.

Xurado e premios
Concederase un único premio de 600 euros. O xurado estará composto por persoas relacionadas cos eidos do deseño, a comunicación e a arte, así como polo Presidente do Consello Regulador ou polo representante no que éste delegue. O fallo do xurado farase público na semana do 19 de xuño de 2023 e o seu ditame será inapelable. O premio poderá declararse deserto no caso de que ningún dos carteis presentados reúna a calidade técnica e artística suficiente, non se axusten ás bases estabelecidas ou ben non se consideren suficientemente representativos da Feira do Viño.

A presentación do cartel ganador e a entrega do premio terán lugar despois do 19 de xuño de 2023. A obra premiada quedará en propiedade do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Reprodución
A organización da XXIV Feira do Viño de Valdeorras poderá efectuar cantas reproducións se precisen do cartel que obtivera o premio e difundilo polas canles de publicidade que estime convintes. Durante o processo de preimpresión incluiranse no cartaz premiado os logotipos oficiais das entidades organizadoras e para isto contaras eco asesoramento do propio autor. A organización da Feira do Viño de Valdeorras resérvase a posibilidade de realizar modificacións no cartel anunciador gañador, sempre que iso non supoña unha alteración substancial do mesmo.

Aceptación
A participación neste concurso comporta a aceptación destas bases nas que que se inclúe a entrega dunha factura polo importe do premio ao Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

 

 

 

 

[arriba]

Novas Anteriores