02 Dec 2015

O Consello Regulador D.O. Valdeorras e BBVA asinan un convenio de colaboración financeira

Alberto Portalo, director do Centro de Banca Comercial de BBVA no Barco de Valdeorras; e José Vicente Solarat, presidente do Consello Regulador D.O. de Valdeorras

Alberto Portalo, director do Centro de Banca Comercial de BBVA no Barco de Valdeorras; e José Vicente Solarat, presidente do Consello Regulador D.O. de Valdeorras

 

    O Consello Regulador de Valdeorras asinou un convenio de colaboración financeira coa entidade bancaria BBVA. Con este novo acordo, este banco pon a disposición de todas as adegas un amplo conxunto de produtos e servizos financeiros coa finalidade de impulsar a súa competitividade.

    Entre as vantaxes financeiras destacan unhas condicións moi competitivas de financiamento tanto para as propias adegas, como para os viticultores que venden a uva á adega ou aos propios empregados. Ofrecendo un servizo personalizado non solo no ámbito financeiro tamén no mundo dos seguros asociados a este sector.

    “A sinatura deste convenio de colaboración responde ao compromiso de BBVA co ecosistema empresarial da comarca, que se une ao noso firme compromiso con Galicia, e busca impulsar a competitividade da actividade de todos os membros do Consello”, asegurou Alberto Portalo, director do Centro de Banca Comercial de BBVA de O Barco de Valdeorras.

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores