22 Out 2022

O Consello Reglador de Valdeorras súmase á iniciativa “Movemento Viño D.O.” cun brinde dende a cova do Restaurante Peyma na Rúa

Calcúlase que existen máis de 1.000 covas (covas subterráneas construídas para conservar o viño) espalladas por toda a xeografía de Valdeorras, que conforman parte do patrimonio etnográfico e vitivinícola máis singular da zona, tal e como desvelou nun foro sobre o Camiño de Inverno celebrado na comarca e respaldado polo Consello Regulador a experta Carina Rodríguez.

Para poñer en valor estas construcíons soterradas, nas que se elaboraba e conservaba o viño pero que tamén constituían un centro de reunión, convivencia e hospitalidade, o organismo que dirixe José Luis García Pando dedícalles o Día Movemento Viño D.O. para destacalas como exemplo de sostibilidade e eficiencia enerxética, dúas das premisas baixo as que este ano se desenvolve este Movimento.

Por iso, divulga hoxe 22 de outubro, Día Movemento Viño D.O., unha fotografía tomada recentemente dun brinde con godellos e mencías da comarca por parte dos membros participantes no Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras, dende a cova do Restaurante Peyma en Fontei, emprazada na Rúa.

 O Día Movemento Viño D.O. pon este ano o acento na sostibilidade e desde o Consello Regulador quérese amosar con esta proposta que o patrimonio etnográfico vitivinícola valdeorrés, composto por máis de 1.000 covas subterráneas, constitúe dende sempre un exemplo de eficiencia enerxética

Sobre o Movemento Viño
Trátase dunha acción que naceu en 2017 e que este ano, na súa sexta edición e baixo o lema “Denominacións de orixe, territorios sostibles” volve ao seu formato presencial. E faino ao grande, reunindo 36 iniciativas por parte doutros tantos consellos reguladores participantes na iniciativa que promove a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV).

O Movemento Día Viño D.O. quere exaltar os territorios amparados vitivinícolas do noso país e este ano, ademais, reivindica que as denominacións de orixe son ferramentas que se erixen como panca de desenvolvemento no medio rural.

 

[arriba]

Novas Anteriores