05 Abr 2021

Lucas Mondelo, seleccionador nacional de baloncesto femenino, nomeado embaixador dos viños de Valdeorras

O seleccionador español de baloncesto feminino, Lucas Mondelo, visitou hoxe a sede do Consello Regulador de Valdeorras para coñecer máis profundamente os brancos e tintos do territorio amparado. Con raíces na comarca, aínda que nado en Barcelona, Mondelo asegurou que “os brancos, e tamén os tintos, de Valdeorras posúen cada vez máis calidade”.

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, trasladou os seus parabéns a Mondelo polos seus “magníficos logros deportivos”. “Sabendo que sempre presumes de valdeorrés, para nós é un orgullo nomearte embaixador dos nosos viños”, anunció García Pando.

Perante os medios de comunicación, Mondelo recolleu a encarga e asegurou que “será unha honra exercer de embaixador dos viños de Valdeorras polo mundo”. Engadiu que cada ano descobre “novas adegas na zona que o sorprenden cada vez máis” e enfatizou non só “na calidade do godello”, senón tamén “na doutras variedades autóctonas da nosa comarca”.

Mondelo visitou hoxe a sede do Consello Regulador e puxo en valor a calidade dos brancos e tintos da comarca

Palmarés

A selección femenina española de baloncesto, adestrada por Mondelo, foi subcampiona olímpica (2016) e subcampiona mundial (2014), ademais, de gañar tres campionatos de Europa (2013, 2017 e 2019) . A nivel de clubes, entre outros moitos títulos, conseguir dúas veces a máxima competición europea, a Euroliga, que levantou en 2011 co Perfumerías Avenida de Salamanca e en 2017 co Dynamo Kursk ruso.

[arriba]

Novas Anteriores