28 Xul 2017

José Luis García Pando, elixido presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras

O novo Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras reuniuse hoxe por vez primeira, logo das eleccións do pasado 9 de xullo, nunha sesión constitutiva presidida por Yago Borrajo, xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense. O Pleno elixiu a José Luis García Pando como presidente do organismo, quen xa ocupara a Presidencia entre os anos 2006 e 2015.

O Pleno do organismo, ademais, elixiu a Marcos Prada Ginzo, vogal do sector industrial e representante de Adega Melillas e Fillos S.L. como vicepresidente primeiro; a Antonio García Fernández, vogal do  sector produtor, como vicepresidente segundo; e a Manuel Fernández Pérez, vogal do sector cooperativo como vicepresidente terceiro.

Foi nomeado hoxe polo novo novo Pleno do organismo, resultante das eleccións do pasado 9 de xullo

 

[arriba]

Novas Anteriores