16 Ago 2016

Francisco García e Manuel Rojo asinan un convenio de colaboración ó abeiro do cal o Consello Regulador intensificará o control e a ordenación da viticultura co apoio de técnicos do C.O.E.T.A.

1608 firma convenio 1

As instalacións do Consello Regulador da D.O. Valdeorras acolleron esta mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre o presidente deste organismo, Francisco García e o máximo responsable do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense (C.O.E.T.A), Manuel Rojo. En virtude deste acordo, o Consello Regulador contará co apoio de técnicos do C.O.E.T.A. para intensificar os labores de control e ordenación da viticultura en Valdeorras.

Francisco García sinalou, en relación a este acordo, que se activará de cara á temporada de vendima 2016, que a vontadedo Consello Regulador é “estender a colaboración máis alá do período concreto de vendima”. Por este motivo, o convenio asinouse cun horizonte temporal de tres anos.

 O Pleno do C.R.D.O. da D.O. Valdeorras aprobou a semana pasada a rúbrica dun acordo de colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense

Pola súa banda, Manuel Rojo sinalou “que o Colexio de Enxeñeiros Agrícolas conta cos profesionais axeitados para a execución deste convenio xa que os nosos colexiados teñen formación e capacidade para o desenvolvemento de traballos relacionados co control e a ordenación da viticultura”. 

Defensa da calidade
A defensa da calidade dos viños da comarca é unha das misión fundamentais do Consello Regulador, que debe velar polo cumprimento da normative que rexe a D.O. no que respecta ao cultivo das variedades autorizadas e preferentes na zona e, tamén, durante o seu proceso de transformación en bodega.

Así, o apoio puntual dos técnicos do C.O.E.T.A. axudará a controlar a carga de uva no territorio amparado pola D.O. e contribuirá tamén a evitar que poidan entrar variedades de uva non autorizadas na zona.

1608 firma convenio 2

[arriba]

Novas Anteriores