/* */ EFEMERIDES: José Núñez Núñez Fundador dos primeiros viveiros de vide americana en Galicia e Castela despois da filoxera
13 Xuñ 2014

EFEMERIDES: José Núñez Núñez Fundador dos primeiros viveiros de vide americana en Galicia e Castela despois da filoxera

josenunez

Naceu: 26 abril de 1858

Faleceu: 27 maio 1932

Máis coñecido na vila do Barco como Don Pepito, natural do pobo de Viloira, foi un médico que se fixo famoso por converterse en loitador contra a filoxera  en Valdeorras. No ano 1891 comezaron a publicarse informacións sobre a aparición desta enfermidade das viñas na comarca de Valdeorras. A publicación “El eco de Ourense” (07/04/1981) explicaba “ El valle de Monterrey y Valdeorras están de luto porque les amenaza la miseria…”. Ante esa situación houbo persoas como José Núñez Núñez, médico de profesión e colleiteiro de viño na comarca que decidiu trasladarse a Logroño para aprender a enxertar e seleccionar variedades segundo a clase de terreo. Acompañouno nesta viaxe formativa Darío Fernández Crespo do pobo de Vilela.

Con esta formación volveu a Valdeorras e nos seus terreos na localidade de Viloira creou os primeiros viveiros de vide americana que existiron en Galicia e Castela.  Ao mesmo tempo empezou a escribir sobre a filoxera e os novos tipos de vides a usar para loitar contra ela, gañando varios premios. Un dos primeiros escritos foi o libreto publicado en 1897 titulado “Filoxera y viticultura moderna”.

Polos seus traballos para salvar a agricultura da comarca e de moitos outros lugares, foi nomeado Cabaleiro da Orde de Isabel A Católica” un nomeamento que rexeitou. Faleceu no Barco o 27 de maio de 1932 aos 75 anos de idade.

* Agradecemento aos membros do IEV:  Aurelio Blanco Trincado (presidente actual) e Ángel Fernández (ex-presidente e historiador da comarca), por poder usar as súas documentacións e textos.

** Postal de época: cortesía de Gustavo Docampo Paradelo

 

[arriba]

Novas Anteriores