13 Mai 2022

Dende o luns 16 de maio, as oficinas do Consello Regulador da D.O. Valdeorras desprazaranse ao centro de Vilamartín

Debido as obras de reforma da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, as oficinas do organismo vitivinícola desprazaranse temporalmente ao Centro Socio Cultural e Xuvenil Santa Lucía, situado en Vilamartín, no número 5 da Rúa D. Demetrio Macía.

A partir do luns 16 de maio, os viticultores e os adegueiros que queiran realizar algunha xestión, deberán facelas nestas novas instalacións. Esta situación será temporal, e durará ata que finalicen as obras na sede oficial do Consello Regulador.

Debido ás obras de reforma da sede actual, os viticultores poderán facer as súas xestións no Centro Socio Cultural Santa Lucía

 

 

[arriba]

Novas Anteriores