/* */ Catadores da Guía Peñín destacan o potencial do godello para envellecer
06 Xuñ 2014

Catadores da Guía Peñín destacan o potencial do godello para envellecer

guia-penin-valdeorras

Pablo Vecillo e Javier Luengo, amosáronse sorprendidos pola frescura dos godellos do 2013

“O éxito do godello de Valdeorras radica nas sensacións graxas, a presenza dos aromas  e sabores a froita e a capacidade de envellecer tanto en botella como tamén coas experiencias con barricas e lías“ esta foi a análise que fixo o catador da Guía Peñín, Javier Luengo, despois de catar godellos valdeorreses. Tanto el como o seu compañeiro, Pablo Vecilla, visitaron o luns, día 2, o Consello Regulador de Valdeorras para catar un total de 80 viños que estarán presentes na Guia Peñin 2015 no seu 25 aniversario. Quedaron gratamente sorprendidos coa variedade godello da que sobre todo, na anada 2013, destacan as sensacións frescas con acidez máis alta ao revés que a do 2012 que estivo marcada pola seca. Aínda así, indicou que aguantaron ben e deron sensacións máis maduras e un maior volume en boca. Pero sobre todo o que máis lles sorprendeu foi catar dous viños do 2007 e 2008 e descubrir a “capacidade de envellecemento en botella onde non se perde a froita, parece un bo campo de investigación e que pode traer grandes alegrías á Denominación ” engadiu Javier Luengo.

Vinos godello de Valdeorras en cata

Vinos godello de Valdeorras en cata

A cata para puntuar os viños que se presentan á Guía Peñín faise de xeito habitual nas sedes dos consellos reguladores, alí reciben información sobre as variedades e datos da denominación. En Valdeorras foron atendidos por Jorge Mazaira, o director técnico, mentres cataban en primeiro lugar os tintos e despois os brancos, unha orde que explicaron que se aplica porque a complexidade dos tintos sempre cansa máis as papilas gustativas e despois os brancos refrescan, permitindo catalos con maior capacidade. O que máis valoran en cada cata son o equilibrio entre as características máis representativas das variedades de cada zona e o xeito de elaboración. No caso dos tintos de Valdeorras  explicaron que na colleita do 2013 nótanse diferenzas entre adegas, unhas presentan unha lixeira sobre-maduración e outras destacan máis as sensacións vexetais propias da variedade mencía.

En conxunto para os catadores da Guía Peñín “Valdeorras vive un momento moi importante cuns mercados nacional e internacional que están recoñecendo cada vez máis a variedade  godello grazas ao traballo de adegueiros e viticultores”.

CATA DE BOTELLA DE TOSTADO E OUTRA DUNHA VENDIMA TARDÍA

vinos-valdeorrasAdemais de catar godellos, mencías, garnachas e outras variedades da zona tamén tiveron a ocasión de catar un tostado e unha experiencia de vendima tardía de godello. Os dous foron moi ben acollidos e definidos como complexos e excepcionais. No caso do tostados aludiu Javier Luengo a que ten un capacidade de envellecemento incrible.

 

 

 

 

 

 

[arriba]

Novas Anteriores