05 Abr 2014

Alimentaria 2014. Interés nacional e internacional polos viños da DO Valdeorras

Alimentaria 2014, unha cita obrigada para o sector e na que a D.O. Valdeorras estivo presente. Do 31 de Marzo ao 3 de Abril, no recinto Gran Vía en Barcelona, celebrouse Alimentaria 2014, Salón Internacional da Alimentación e Bebidas. Alimentaria conta cun gran prestixio internacional, conseguindo que expoñan firmas de máis de 50 países.

alimentaria-2014-do-valdeorras-2

Nesta edición, como nas anteriores, Alimentaria contou cunha grande afluencia de público. A D.O. Valdeorras participou cun posto propio, para atender ás numerosas persoas e profesionais interesados nos viños da D.O. Valdeorras. No devandito posto, estiveron representadas 16 adegas, cun total de 32 marcas. O público valorou moi positivamente o feito de poder catar 16 godellos de diferentes adegas, apreciando así as particularidades de cada adega, así como a procedencia destes viños.

alimentaria-2014-do-valdeorras

En Alimentaria 2014, detectouse unha gran demanda dos viños da D.O. Valdeorras, destacando na importación nacional, cidades como Barcelona, Málaga e Sevilla, buscando adegas que non tivesen distribución. Dentro do panorama internacional podemos destacar o grande interese mostrado por países como Suecia, Estonia e Reino Unido, moi interesados nos viños da D.O. Valdeorras.

3.800 empresas expositoras, 140.000 visitantes e 95.000 m² de superficie

boton    fotos

 

[arriba]

Novas Anteriores