06 Xul 2023

Alfonso Rueda presidirá o acto institucional de inauguración da Feira do Viño de Valdeorras, o vindeiro sábado ás 12.00 horas en Viloira

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, vén de confirmar a súa presenza no acto inaugural da XXIV Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar a partir das 12.00 horas do vindeiro sábado, 8 de xullo, na barquense praza de Viloira.

Xunto ao titular do Goberno galego, desprazaranse ata o Barco o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Ademais de Rueda, intervirán no acto o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, e o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, entre outras autoridades.

O evento iniciarase coa lectura do pregón a cargo do escritor e xornalista Manuel Jabois. A continuación, tras o pregón, terán lugar as diferentes intervencións institucionais e, ao finalizar os discursos, as autoridades realizarán un percorrido polas diferentes casetas das adegas presentes no recinto feiral.

O conselleiro do Medio Rural e o director da Axencia Turismo de Galicia tamén estarán presentes no evento que arrincará co pregón a cargo do xornalista Manuel Jabois

[arriba]

Novas Anteriores