02 Set 2016

ABANCA e o CRDO Valdeorras ofrecen fórmulas de financiamento conxuntas no arranque da vendima

abanca-do

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras renovaron esta mañá a súa su colaboración en materia financeira. Un convenio que recolle as principais peticións do sector e que ofrece opcións de crédito para adegas e viticultores no arranque da campaña.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García Álvarez, e o director de zona de ABANCA en Ourense Este, Diego Fernández Borrajo, rubricaron en Vilamartín de Valdeorras un texto que amosa o compromiso da entidade financeira cun compoñente básico da economía produtiva do interior de Ourense e cun sector estratéxico para Galicia. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

As dúas entidades intensifican a súa colaboración para atender as demandas dos profesionais dun sector que afronta o punto crítico da campaña

Respostas ás necesidades desta campaña
O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixe a completa oferta sectorial vitivinícola de ABANCA. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis perentorias desta campaña.

É o caso dunha póliza de crédito que pode estenderse ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

ABANCA tamén facilita o cumprimento doutra das novidades da campaña: a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito complétase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Como complemento, desde ABANCA Seguros traballouse en incorporar produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).

O banco con sede en Galicia pon a disposición de bodegas e viticultores os produtos da súa oferta sectorial e a experiencia da súa división Banca Agro

ABANCA conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, Banca Agro. Unha oferta que conxuga unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Todo isto para dar reposta a un arranque de campaña que vén marcado polo retraso xeneralizado na recollida da uva e por unhas previsións baixistas baseadas nas chuvias primaverais que favoreceron a acción de fungos ou as altas temperaturas e escaseza de chuvias durante o verán.

[arriba]

Novas Anteriores