11 Xul 2022

A Feira do Viño 2022 superar con creces as expectativas da organización e aumenta nun 20% os asistentes con respecto ao 2019

Malia ás elevadas temperaturas que se rexistraron durante toda a fin de semana no Barco, a XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras desafíou ao calor e congregou na Praza de Viloira durante toda a fin de semana a numerosas persoas. “Calculamos que a asistencia medrou un 20% con respecto ao ano 2019, o anterior a pandemia, e que unhas 8.000 persoas pasaron nalgún momento da fin de semana polo recinto feiral”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

“Ademais, conseguimos atraer numeroso público cun rango de idade comprendido entre  os 20 e os 30 anos, que antes da pandemia se nos escapaba. De feito, era unha das nosas materias pendentes”, abunda García Pando. O presidente do Consello Regulador tamén fai fincapé no éxito das catas comentadas que se celebraron como actividades paralelas nos xardíns da Casa Grande de Viloira e que completaron o seu aforo en todos os casos.

O presidente do Consello Regulador amósase satisfeito coas cifras e considera que o foro foi capaz de atraer á xente nova, de entre 20 e 30 anos, que era unha das súas “materias pendentes”

[arriba]

Novas Anteriores