Valdeorras, a terceira denominación de España con mellores puntuacións na Guía Peñín 2016
A Guía Peñín é dende fai 26 anos un referente no mundo do viño en España e cada edición as bodegas agardan coñecer as súas puntuacións como un elemento máis de notoriedade no mercado. Este mes presentouse a nova guía 2016 e o seu equipo de cata destaca que a DO Valdeorras con 89,7 puntos de media é a terceira denominación coa media máis alta nesta edición.
Nela podemos atopar puntuadas marcas de 30 adegas de la Denominación de Orixe Valdeorras con puntuacións de máis de 90 puntos para a maioría delas. As marcas máis valoradas con 95, 94 e 93 puntos van para as adegas: Telmo Rodríguez, Valdesil, Rafael Palacios, La Tapada, Santa Marta, Avancia y Godeval.
A guía está xa dispoñible online e tamén en librerías e grandes superficies. Nesta edición de 1296 páxinas hai 11.200 viños catados. Unha cifra que desde a organización califican de histórica con 1000 novos viños e preto de 307 adegas novas de toda España.
Presentación da guía en Madrid
A presentación oficial da guía fixérona o pasado 29 de outubro no Palacio de Congresos de Madrid dentro do XVI Salón de los Mejores Vinos de España Guía Peñín.
Soledad Figueroa