19 Xul 2016

Entrega dos Premios da XXVIII Cata dos Viños de Galicia

acioouro

A Consellería do Medio Rural deu a coñecer na tarde de onte os premios da XXVIII Cata dos Viños de Galicia, nun acto celebrado en Ourense. Un viño de Monterrei foi elixido Mellor Tinto de Galicia 2016, mentres que un do Ribeiro levou o Premio ao Mellor Branco de Galicia deste ano. Na gala tamén se fixeron públicos os gañadores dos premios para os mellores viños de cada denominación de orixe. En Valdeorras, o Acio de Ouro foi para Quinta da Peza Mencía da bodega Quinta da Peza S.L; o Acio de Prata para Menciño da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno e o Acio de Bronce para Viña Costeira Mencía da bodega Viña Costeira S.C.G.

aciodeprataO acto celebrouse onte en Ourense

aciobronce

[arriba]

Novas Anteriores