/* */ Graníticos

Graníticos

O granito é unha rocha presente na Rúa, O Bolo, Petín e Larouco. Os chans destas zonas son soltos, con textura franco-areosa, e posibilitan maduracións suaves: polo día irradian calor e pola noite enfríanse máis ceda. Esta diferencia de temperatura permite incrementar os valores de azucre coa luz solar e evita perdas de acidez durante as noites. Estas características favorecen a obtención duns viños máis florais, non moi minerais, con gran carácter varietal, que acadan unha fase óptima para o consumo antes que os obtidos en chans pesados (arcillo-calcáreos ou arcillo-ferrosos).

Graníticos
Graníticos
[subir]