28 Mai 2019

Xornalistas especializados en viño visitarán esta fin de semana o noso territorio amparado

Por segundo ano consecutivo, un grupo de bloggers, influencers e xornalistas especializados relacionados co mundo do viño desprazarase ata Valdeorras para coñecer a potencialidade do territorio amparado, as súas características e os valores diferenciais dos brancos e tintos da comarca. Trátase dunha acción promocional promovida polo Consello Regulador a vindeira fin de semana (1 e 2 de xuño), con participantes procedentes de diversas cidades españolas tales como Barcelona, Madrid, Valencia, Alicante, Ponferrada ou Vigo.

Tal e como destaca o presidente do organismo, José Luis García Pando, “tras o éxito da iniciativa impulsada o ano pasado, decidimos volver organizar un encontro destas características porque consideramos que esta acción promocional ten un gran retorno e contribúe moi directamente ao fortalecemento da marca Valdeorras”.

Os membros do grupo proceden de cidades diversas tales como Vigo, Ponferrada, Alicante, Valencia, Madrid ou Barcelona

Programa
Os bloggers e xornalistas periodistas especializados visitarán viñas emprazadas en diferentes puntos da comarca, coa finalidade de coñecer in situ as particularidades do noso territorio amparado. Ademais, está previsto que se desprazen ata diferentes enclaves de interese turístico da zona, como pode ser o caso do Mosteiro de Xagoaza, e que desfruten dunha selección xenérica de brancos e tintos da comarca.

 

[arriba]

Novas Anteriores