/* */ Wines from Spain Fair 2015. Os godellos de Valdeorras presentaronse en Londres
27 Feb 2015

Wines from Spain Fair 2015. Os godellos de Valdeorras presentaronse en Londres

wines-from-spain-fair

A presidenta do prestixioso instituto Master of Wine e unha das principais autoridades no mundo do viño, Sarah Jane Evans, foi a encargada de falar e descubrir as excelencias dos godellos de valdeorras aos asistentes a unha masterclass titulada “Valdeorras uncovered” (Valdeorras ao descuberto). Unha charla con cata que formou parte esta semana das actividades da feira “Wines from Spain Fair 2015” en Londres. Un encontro organizado polo departamento Viños de España do ICEX (Instituto de Comercio Exterior)  da embaixada de España en Londres  e que contou coa colaboración do Concello de O Barco e do Consello Regulador de Valdeorras.

A cata comentada dos viños de godello de Valdeorras estivo dirixida a uns 50 profesionais do mercado inglés. Nela coñeceron as particularidades dos godellos segundo os tipos de terreo nos que crecen as cepas e tamén pola elaboración que cada adegueiro realiza con esta variedade.  Esta cata foi a primeira actividade de promoción que a denominación valdeorresa celebrou no Reino Unido. O mercado británico é o primeiro destino na oferta de viños de calidade comercializados baixo a protección das denominacións de orixe españolas.

Wines from Spain Fair  2015  Wines from Spain Fair  2015

 

[arriba]

Novas Anteriores