/* */ Viticultores e adegueiros de Valdeorras poderán exercer o seu dereito a voto este domingo entre as 10:00 e as 17:00 horas
17 Feb 2023

Viticultores e adegueiros de Valdeorras poderán exercer o seu dereito a voto este domingo entre as 10:00 e as 17:00 horas

Os viticultores e os representantes das adegas que estean inscritos nos censos definitivos poderán exercer o seu dereito a voto nas eleccións que se celebran este domingo, día 19, para renovar o Pleno do Consello Regulador. O horario para facelo será entre as 10,00 e as 17,00 horas.

Aqueles viticultores e representantes de adegas con sede nos municipios da Rúa, Petín, Larouco e o Bolo votarán na Casa Consistorial da Rúa. Por outra banda, os emprazados no Barco, Rubía, Vilamartín e Carballeda, así como os electores non residentes en calquera dos municipios do territorio amparado, deben exercer o seu dereito a voto nas instalacións da Oficina Agraria Comarcal do Barco (emprazada na Casa Grande de Viloira).

 

 

[arriba]

Novas Anteriores