Xarda Escabechada · Costillar Vaca Bandeira · Canutiño de Azúcar e Laranxa

Autores: Grupo Nove

De Esquerda a Dereita:
Javier González (A Rexidora-Bentraces • Ourense)
Miguel Ángel Campos (A Gabeira • Ferrol)
Alberto González (Silabario •Tui • Pontevedra)
Iñaqui Bretal (Eirado da Leña • Pontevedra)

Os viños da D.O. Valdeorras e o Grupo Gastronómico de Galicia (NOVE), elaboran un maridaxe “de cine”.

A D.O. Valdeorras e o prestixioso Colectivo da Nova Cociña Galega, difunden a súa Colaboración para a Promoción dos Caldos de Valdeorras e da “Cociña de Vangarda Feita en Galicia” que eles elaboran nos seus respectivos restaurantes, repartidos por toda Galicia. Para elo cooperaron na producción e a realización de Tres Videos (baixo o título UN UNIVERSO EN CADA PRATO) sobre o extraordinario maridaxe entre os Caldos da DO Valdeorras e as Receitas de Vangarda da súa Nova Cociña Galega, inspirada na herdanza tradicional e na calidade dos productos da terra.

Once membros do Grupo, (Pablo Romero, Yayo Daporta, Javier Olleros, Héctor López, Javier Rodríguez “Taky”, Pepe Solla, Antonio Botana, Javier González, Miguel Ángel Campos, Alberto González, Iñaqui Bretal) viaxaron deica Valdeorras, procedentes dos seus respectivos lugares de orixe nas catro provincias, para participar na rodaxe dos tres videos que difundimos nesta sección.

Os Videos, grabáronse nunha das típicas adegas-cova da comarca en un dos seus máis emblemáticos paraxes pintorescos de viñedos pre-otoñais. Así mesmo, tomas aéreas filmadas desde helicóptero recentemente presentan e describen ao mundo a comarca de Valdeorras.

As Receitas de Cociña maridadas cos caldos de Valdeorras, son creación do Grupo Nove. Os Chefs presentan, en cada video, un menú composto de tres pratos (Primeiro, Segundo e Sobremesa), todos eles para maridar con Godello ou Mencía de Valdeorras. Incluso hai unha sobremesa especial, creada para acompañar, co viño tostado de Valdeorras que hai pouco saiu ao mercado.

Pola súa banda, o Público, pode elaborar os exclusivos pratos na súa casa e maridalos cos viños de Valdeorras, porque se ofrecen gráficos animados que explican ao detalle os ingredintes dos pratos, a suúa elaboración e presentación.

Receitas

Xarda escabechada con queixo do Cebreiro ao Godello de Valdeorras

[subir]

Costelar de vaca vella de Bandeira con cabaza pochada e queixo curado de Arzúa

[subir]

Canutiño de azúcar e laranxa recheo de Mousse de chocolate e xeado de mazá.

[subir]