Peras ao Mencía sobre sopa de chocolate branco
Ingredientes
- 1 kg. de peras
- 200 gr. de azucre
- Un pao de canela
- 1 limón
- 200 ml. de nata
- 200 gr. de onzas de chocolate branco
- Unha botella de viño Mencia de Valdeorras
Elaboración
Mestúrase o Mencía con 200 gramos de azucre e a pel do limón- o bordo, non pode ter nada branco se non resulta acedo- , e un pao de canela.
Ponse en ebullición coas peras troceadas sen a pel, sempre pelándoas de arriba cara abaixo para darlle forma. Prepárase todo para ferver.
Cando se piquen perfectamente, están listas. Por outra parte, ponse a nata a ferver, e cando estea quente, retírase, fundindo o chocolate fóra, xa que se ferve estrágase.
Apágase e resérvase ao frío.
Á hora de montar o prato, ponse a sopa de chocolate branco e enriba, unha pera ao Mencía ou, tamén pode abrirse xa que por dentro queda unha cor moi bonita que vai filtrando o Mencía cara a dentro.
[subir]