Micuit de Foie á salsa de Mencía

 

Ingredientes

  • 1 kg. de fígado de pato
  • 5 grs. de azucre
  • 15 grs. de sal
  • Un chorro de Brandy
  • Un chorro de Coñac
  • Unha botella de Mencía de Valdeorras
Micuit de Foie á salsa de Mencía

Elaboración

É un prato elaborado de fígado de pato.

Primeiro é necesario desvealo, rompéndoo, desmenuzándoo ben e limpándoo de impurezas, engadíndolle o sal, o azucre e o coñac.

Deixámolo entre 12 e 24 horas repousando e envolvémolo en forma de rulo con papel de filme ou de plástico. Pechámolo ben e metémolo catro minutos por cada 100 gramos de fígado ao forno de convención.

Tamén se pode facer, para aqueles que non conten con forno de convención, unha vez estea cocido, sacámolo e abatémolo ou enfriámolo e ás 24 horas, xa está listo para comer.

É un prato que paga a pena, porque á xente que lle guste o foie vaino saber valorar.

O toque final e dende logo, o que realza este prato, é a salsa de Mencía de Valdeorras.

Moi importante, pódese botar por encima ou nun bol, e ir untando por encima cada anaquiño de pan con esta salsa deliciosa que, dende logo, é única.

[subir]

Autor:

Casa Galaica

C/Eugenio fernández, 27-bajo

Teléfono Reservas: 988 34 72 35