23 Out 2015
Vendimadores en Bodega Roandi

Vendimadores en Bodega Roandi

 

A campaña de recollida de uva na comarca de Valdeorras pechouse este mes despois de 38 días de vendima. Os datos finais indican que se recolleron 6.554.798 kilos de uva, o que supón 164.746 kilos máis que na campaña do 2014 no que a cantidade foi de 6.390.052 kilos. As variedades preferentes, godello e mencía, incrementaron a súa produción supoñendo case o 75% do total da vendima con 4.891.263 kilos.

   O pasado 27 de agosto abríase unha campaña de vendima que comezaba con máis dunha semana de adianto con respecto ao 2014 e 38 días despois pechábase o día 4 de outubro. Durante ese tempo 43 adegas desta denominación realizaron a súa vendima co control de 12 veedores. Nesta campaña a variedade preferente godello incrementou a súa produción en 198.416 kilos con respecto ao ano anterior. Así recolléronse 2.767.025 kilos de godello. Tamén no apartado de preferentes de Dona Branca recolléronse 168 kilos cando no 2014 non houbo recolecta desta variedade.

    Nas tintas a variedade preferente mencía tamén aumentou os seus datos con 233.272 kilos máis nesta campaña, quedando en 2.124.238 kilos. Tamén incrementaron as súas cantidades as variedades preferentes sousón con 37.048 kilos (32.961 kilos no ano 2014), merenzao con 6.277 kilos (5.797 kilos no 2014) e tempranillo con 12.617 kilos (12.032 kilos no 2014). Analizando os datos do Consello Regulador de Valdeorras tamén pode verse que a tinta de albarello baixou as súas cantidades este ano quedando con 10.452 kilos fronte aos 13.115 kilos do ano pasado.

    No caso de variedades autorizadas a palomino e alicante reduciron a súa produción, pasando no caso da branca palomino no mes de outubro despois de empezar a finais do mes de agosto cun adianto de casi unha semana con respecto a anada anterior.

27 agosto remate 3 outubro

Adegas: 43

Días de vendima: 38

Veedores: 12

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores