09 Out 2018

Valdeorras loce o seu potencial vinícola en San Sebastián Gastronomika

O Consello Regulador exhibe músculo nestes días no foro San Sebastian Gastronomika, un dos salóns especializados en gastronomía máis relevantes do país. Así, tal e como destaca o presidente da D.O., José Luis García Pando, “21 adegas valdeorresas, case a metade das amparadas baixo o selo do Consello, están presentes neste foro” no que darán a coñecer “un total de 52 referencias distintas”. Sen dúbida, unha cifra moi relevante que evidencia o poder de convocatoria de San Sebastian Gastronomika.

 O presidente do Consello Regulador destaca que no foro vasco están presentes 21 adegas valdeorresas, con 52 referencias distintas

Segundo sinala García Pando, o Consello Regulador decidiu habilitar, por cuarta vez, un stand propio neste salón porque entre os seus obxectivos máis inmediatos figura o de “asentar o coñecemento dos viños valdeorreses no norte de España”. Sen lugar a dúbidas, as comunidades do norte son, xunto a Madrid, as zonas do Estado nas que maior presenza teñen os viños da comarca e “seguir fortalecendo a marca Valdeorras nestes territorios é unha prioridade dentro dos obxectivos promocionais do Consello Regulador”, admite Garcia Pando.

Porén, tamén nos vindeiros meses está previsto desenvolver accións divulgativas dos viños da comarca en territorios onde teñen menor presenza como pode ser o Levante ou o sur de España.

Trátase da cuarta vez que a D.O. Valdeorras participa neste salón, un dos máis relevantes do país en materia de gastronomía

 

 

[arriba]

Novas Anteriores