17 Set 2015

Uns 1000 viticultores entregan as súas uvas nas dúas cooperativas de Valdeorras

Bodega Cooperativa Virxe das Viñas - A Rúa

Bodega Cooperativa Virxe das Viñas – A Rúa

    As dúas cooperativas de Valdeorras xa están abertas para recoller as uvas dos seus asociados e as daqueles viticultores que as entregan nestas entidades. Esta campaña inicia o seu traballo con máis dunha semana de adianto con respecto ao ano pasado aínda que esta semana o mal tempo retardou a entrada de uva en cada unha delas. A cooperativa barquense Xesús Nazareno xa abriu as súas portas a semana pasada e nestes días comezou a funcionar a Cooperativa Virxe das Viñas de A Rúa. Entre as dúas entidades van recibir ata finais de mes as uvas de diferentes variedades de preto duns 1000 viticultores.

Adega Cooperativa Xesús Nazareno - O Barco

Adega Cooperativa Xesús Nazareno – O Barco

Adega Cooperativa Xesús Nazareno - O Barco

Adega Cooperativa Xesús Nazareno – O Barco

Cooperativa Xesús Nazareno de O Barco

    A primeira en comezar a recollida foi a do Barco o pasado día 8. As súas expectativas son similares as do ano pasado e contan con recibir uns 2 millóns de quilos de uvas dos viticultores da vila barquense e de Larouco. As choivas están dificultando a chegada de uva e agárdase que este fin de semana, co tan agardado bo tempo, poidan recoller moita máis cantidade.

Adega Cooperativa Virxe das Viñas - A Rúa

Adega Cooperativa Virxe das Viñas – A Rúa

Cooperativa de A Rúa: apertura esta semana

    A outra cooperativa que está en marcha dende esta semana é a de A Rúa. Abrían campaña o martes día 15 para recoller o godello e a mencía e despois continuarán co resto de variedades. Dende a cooperativa indican que as uvas atópanse en óptimas condicións a pesar das choivas desta semana. A entidade ruesa estará en funcionamento ata o día 27 de setembro para acoller as uvas dos seus asociados.

    Mentres as cooperativas inauguran a parte central da campaña de vendima, o resto de adegas membro da Denominación continúan coa recollida das súas uvas. Nestes días varias adegas remataban coa variedade branca godello e comezaban coa mencía e outras variedades tintas.

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores