03 Xul 2015

Un Zarcillo de Ouro e outro de Prata para dous viños da DO Valdeorras

Premios Zarcillo 2015

Adega Cooperativa Virgen de las Viñas de A Rúa e a barquense Godeval conseguiron premios para unha das súas marcas de viños no concurso internacional  de viños Zarcillo 2015. A Consejería de Agricultura e Gandería  de Castela e León acaba de facer  públicos os resultados da última edición deste certame no que o viño de mencía Pingadelo 2014 gañou un Zarcillo de Ouro e o godello Godeval Cepas Vellas 2014 un Zarcillo de Prata.  O galardón outorgado ao tinto da Cooperativa Virxen das Viñas convérteo ademais no único viño galego premiado nesa categoría.

A XVI edición nacional e VIII internacional deste certame levouse a cabo en Valladolid os días 29 e 30 de abril e 1 e 2 de maio pasados.  Sete viños foron  galardoados co Gran Zarcillo de Ouro, 107 co Zarcillo de Ouro e 169 co Zarcillo de Prata.

Os Premios Zarcillo naceron no ano 1991 co gallo da fin dos actos do ano Europeo de Turismo por iniciativa das Consejerías de Cultura e Turismo, Agricultura e Gandería da Junta de Castela e León, co compromiso de realizar un concurso nacional de viños co obxecto de promocionar e defender a calidade dos viños españois.

[arriba]

Novas Anteriores