Un total de 16 viños de Valdeorras, galardoados nas Distincións Gallaecia deste ano
Un total de 16 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, sete brancos e nove tintos, foron distinguidos pola Asociación de Sumilleres de Galicia na nova edición do seu concurso “Distincións Gallaecia”. O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, traslada os seus “parabéns ás adegas e referencias premiadas” e considera que “os premios reflicten o bo facer vinícola existente en Valdeorras”.
As “Distincións Gallaecia” celebran este ano a súa 19ª edición. Ao longo deste tempo, o concurso consolidouse como un dos mellores e máis recoñecidos de Galicia no ámbito vitivinícola. Máis de 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe galegas participaron nesta edición.
Sete brancos e nove tintos obtiveron este recoñecemento promovido pola Asociación de Sumilleres de Galicia
De Valdeorras, un total e 104 viños tomaron parte este ano no concurso e os distinguidos, brancos e tintos, foron os seguintes:
D.O. Valdeorras brancos
- Agoreira 2020 Adega Terrae
- Joaquín Rebolledo 2020 Joaquín Rebolledo
- O Luar do Sil Sobre Lías 2019 O Luar do Sil
- O Luar do Sil Vides de Córgomo 2019 O Luar do Sil
- Pedrazais 2019 Adegas Alán
- Roandi 2019 Bodegas Roandi
- Viñaredo Barrica Godello 2019 Bodega Santa Marta
D.O. Valdeorras tintos
- A Costiña 2017 Adegas Alán
- Alán de Val Escada 2018 Adegas Alán
- Bancales del moral Barrica 2017 Bodegas Roandi
- D`Berna Ele Garnacha Tintorera 2017 Bodega Guitián y Blanco
- Domus Roandi 2016 Bodegas Roandi
- Alán de Val Escada Lembranzas 2017 Adegas Alán
- Ladeira Vella 2017 Adega A Coroa
- Lagar do Cigur Crianza Garnacha 2015 Adega Melilla e Fillos
- Villadequinta 2018 Mª Teresa López Fidalgo