05 Set 2018

Un total de 13 viños de Valdeorras distinguidos na XX edición da cata da Asociación de Sumilleres de Galicia

A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia vén de facer pública a listaxe de viños distinguidos na última edición da súa cata anual, na que participaron 645 referencias das diferentes denominacións de orixe galegas. Dos 101 viños distinguidos polo xurado, un total de 13 pertencen á D.O. Valdeorras.

 Trátase de sete referencias de tinto e seis de branco

Deste xeito, sete viños tintos e seis brancos do territorio amparado valdeorrés acadan unha das “Distincións Gallaecia 2018”. Son os seguintes:

 

  VALDEORRAS : brancos  
  MARCA ADEGA
2016 200 Cestos A Coroa
2016 A Coroa Lías A Coroa
2017 Avancia Avancia
2017 Louro Rafael Palacios
2015 O Luar do Sil Barrica O Luar do Sil
2016 O Luar do Sil Lías O Luar do Sil

 

  VALDEORRAS: Tintos  
  MARCA ADEGA
2016 Escada Alán
2015 Ladeira Vella A Coroa
2015 Maldito Pablo Vidal
2016 O Tesouro Viña Somoza
2016 Quinta da Peza Oro Quinta da Peza
2016 Traste José Aristegui
2016 Viña Costeira Viña Costeira
[arriba]

Novas Anteriores