/* */ Un mencía de Valdeorras, mellor viño tinto de Galicia

Un mencía de Valdeorras, mellor viño tinto de Galicia

Seis referencias do noso Consello Regulador resultaron premiadas na XXVI Cata dos Viños de Galicia

A referencia Alán de Val Mencía, da Adega Alán de Val S.A.T., recibiu, o pasado 12 de xullo, o premio ao Mellor Tinto de Galicia 2024. O Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, acolleu a entrega dos premios da XXXVI Cata dos Viños, XXVI Cata de Augardentes e XIII Cata dos Licores Tradicionais de Galicia 2024.

Para os catadores, na categoría dos viños brancos de Valdeorras, o Acio de Ouro foi para a referencia A Coroa Godello, de Adega A Coroa S.A.T., e o Acio de Prata para Joaquín Rebolledo Godello, da Adega Joaquín Rebolledo S.A.

Na categoría de tintos, Viñaredo Mencía, de Adega Santa Marta S.A.T. obtivo o Acio de Ouro.

Premios en Categorías Especiais

Na categoría de Viños de Colleitas Anteriores de Galicia, en tintos, o Acio de Prata foi para Sampayolo Garnacha Tintorera 2022, de Bodegas Sampayolo.

Na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira de Galicia, tamén en tintos, o Acio de Bronce recaiu na referencia Lagar do Cigur Crianza Garnacha, de Adega Melillas e Fillos S.L.