02 Xuñ 2015

Un Godello Valdeorrés gaña un dos tres premios Gran Baco de Ouro 2014

SONY DSC

A Adega A Tapada logrou dous premios nun concurso no que participaron 417 viños de toda España. Os premios Baco, unha das citas máis destacadas do ano para viños novos, organizados pola Unión Española de Catadores conta este ano cun  godello valdeorrés entre os tres mellores viños do concurso e outro viño tamén de godello, e da mesma adega, pero cun método de elaboración sobre lías, entre os premiados cun Baco de Ouro. No máis alto do palmarés da anada 2014, os Grandes Bacos de Ouro hai dous viños brancos e un tinto. No apartado dos brancos un deles é o Guitián Joven de Adega A Tapada da localidade de Rubiá elaborado coa variedade godello. Esta adega valdeorresa produce unhas 90.000 botellas anuais deste viño que acaba de recibir unha das 3 máximas distincións deste certame. Ademais obtivo un segundo premio coa súa marca Guitián sobre lías 2014 do que produce unhas 25.000 botellas. Este segundo viño premiado cun Baco de Ouro 2014  tamén se elabora coa variedade godello. A vixésimo novena edición do máis lonxevo dos certames de calidade en España contou cun panel composto por 50 catadores pertencentes á Unión Española de Catadores. Eles foron os encargados de valorar en estrita cata a cegas os 417 viños novos  procedentes da práctica totalidade das indicacións xeográficas de calidade españolas inscritos nos Premios Baco colleita 2014. Os premios entregaranse o próximo 25 de Xuño no Salón dos Mellores Viños Novos de España. Máis información e listado de viños galardoados nos Premios Baco en www.premiosbaco.es Premios-Baco-cosecha-2014

[arriba]

Novas Anteriores