Un godello e un tostado de Valdeorras nas tapas maridaxe gañadoras do concurso Picadillo 2015
Os viños de Valdeorras tiveron presenza este ano no XII Concurso de Tapas Picadillo que se organizou durante o mes de setembro en A Coruña. O Consello Regulador de Valdeorras patrocinou unha nova categoría na que se ofrecían tapas maridadas cun viño da DO Valdeorras. Os gañadores dos premios maridaxe son os establecementos Central Park e Mesón El Serrano.
O Meson El Serrano ofreceu uns “Canelóns de cabacín recheos de bacallau con allo porro acompañados dunha bechamel de ortigas e polenta” e a maridaxe foi co viño de godello de Bodegas Godeval.
O Central Park concursou con un “Macaron (sobremesa francesa) recheo de gonoche de foie” e a maridaxe realizouna co tostado da Adega Santa Marta.
13 establecementos de A Coruña ofreceron 17 maridaxes de tapas con viños de Valdeorras nesta edición do concurso “Picadillo”. O presidente do Consello Regulador Valdeorras, José Vicente Solarat, como entidade patrocinadora da nova categoría, participou como xurado e asistiu, fai uns días, á entrega de premios desta edición que estivo organizada polo Concello da Coruña xunto con Turismo da Coruña e a Deputación provincial.
Soledad Figueroa