/* */ Oportunidade de catar máis de 40 viños de Valdeorras nun Túnel do Viño en A Coruña
04 Ago 2014

Oportunidade de catar máis de 40 viños de Valdeorras nun Túnel do Viño en A Coruña

tunel viño coruña invitacion

tunel viño coruña adegas participantes

Os viños de 16 adegas de Valdeorras estarán presentes nunha nova edición das “Xornadas Técnicas da DO Valdeorras” organizadas polo consello regulador da denominación en A Coruña.  As actividades de cata de viños especiais e un túnel do viño con máis de 40 referencias realizaranse o martes 5, mércores 6 e xoves 7 de agosto nas instalacións do Hotel Finisterre da Coruña. Estas xornadas teñen ademais unha vertente solidaria, xa que os asistentes ao túnel do viño terán que aportar un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas.
O programa de actividades será:

Martes 5 de agosto

Cata de Viños Especiais da D.O. Valdeorras. Curso de viños de anadas e elaboracións especiais da denominación dirixida polo Director técnico do Consello Regulador de Valdeorras, Jorge Mazaira. As prazas serán limitadas ata cubrir o aforo.

Mércores 6 e xoves 7

Túnel dos viños de Valdeorras no Hotel Finisterre, Salón Miramar.  En horario de 18 a 22 horas os dous días. Para acceder ao túnel será imprescindible presentar a invitación xunto con 1 quilo de alimentos por participante.

[arriba]

Novas Anteriores