/* */ Tras o seu paso por Alacante e Málaga, os viños de Valdeorras desembarcan en Madrid
07 Xuñ 2021

Tras o seu paso por Alacante e Málaga, os viños de Valdeorras desembarcan en Madrid

Diferentes brancos e tintos de Valdeorras puideron ser degustados ao longo de todo o día de hoxe no Westin Palace de Madrid, no marco dun acto desenvolvido baixo o paraugas de marca “Experiencia Verema”. Os viños valdeorreses chegaron a Madrid logo de se promocionar o mes pasado nas cidades de Alacante e Málaga.

“Continuamos impulsando, pese as limitacións actuais, a promoción dos nosos viños”, asegurou José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras en relación a estes eventos promocionais. “Logo de Madrid, temos previsto desenvolver unha acción promocional no Hotel Meliá Palma Marina de Palma de Mallorca, en concreto a vindeira semana, e outro en Ibiza”. Ademais, tras o parón estival os viños valdeorreses promocionaranse nas cidades de Barcelona e Bilbao.

O Consello Regulador prevé intensificar os eventos promocionais na segunda metade do ano, logo de que o Pleno do organismo decidira destinar a actividades divulgativas unha parte moi destacada do seu orzamento anual.

Diferentes referencias de brancos e tintos da D.O. puideron ser degustados hoxe no Westin Palace da capital de España, no marco dun acto promovido por Verema

 

[arriba]

Novas Anteriores