22 Ago 2014

Teodoro Benéitez: “saquei ao mercado o primeiro godello de Valdeorras no ano 1979”

teodoro-valdeorras-fincaTeodoro Benéitez hoxe ten 86 anos, vive en Santa Cruz (O Bolo) e presume de ser o primeiro adegueiro particular que no ano 1979 sacou ao mercado a primeira botella 100% godello. Vendeuno coa súa marca Falcueira, por estar as viñas nunha zona coñecida como “terra de falcóns” e aínda se lembra de que as etiquetas fíxoas en Madrid e custáronlle “50.000 pesetas daquela”. Foron unhas 50 botellas daquel primeiro godello, que vendía a 600 pesetas, e que “viñan probalo de todas partes porque era unha novidade”.

teodoro-valdeorras ”. Agradece a axuda de Alfonso Losada, responsable da Oficina de Extensión Agraria na Rúa naquel momento, porque lle axudou a introducirse no mundo de plantar, elaborar e vender o seu viño. Na súa familia sempre fixeron viño e as cepas de godello estaban entre as múltiples variedades que tiñan nas súas fincas, na parroquia de Santa Cruz (O Bolo), pero no ano 1978 soubo que “había axudas do Estado para recuperar a variedade godello e Alfonso (Losada) axudoume co papeleo, con cursiños de formación”.

valdeorras2Explica Benéitez, carpinteiro de profesión, que case crea un conflito familiar ao contarlle a súa muller, Maruxa, que quería plantar a finca “Coalleira” de godello. “Eran uns 4000 metros de terreo que antes dedicábamos a sementar patacas e pan e a miña muller díxome que estaba louco pero o meu fillo Clemente animoume a facelo”. Deste xeito plantou a primeira finca de godello no ano 1978 e un ano despois elaboro, coas cepas antigas que tiña na finca Falcueira, o seu primeiro monovarietal de godello. Teodoro conta como usou as cepas que xa tiña para facer os enxertos da nova plantación.

valdeorras

 Así comezou a súa adega a funcionar e foi coñecida como Bodegas Beneítez SL chegando a levar varios premios. Lembra con especial ilusión o que lle deron na Cata Xacobeo 93 no V Encontro de Restauradores Galegos e Viños de Galicia, “foi o acto no Araguaney en Santiago e estaba Fraga. A miña muller choraba de emoción porque o primeiro foi para o noso branco de godello e o segundo para o tinto”.

[arriba]

Novas Anteriores