26 Set 2015

Premio para a Adega Joaquín Rebolledo en Euskadi

O presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat, Mercedes Rebolledo de Bodegas Joaquín Rebolledo e o secretario do concurso, José David Fidalgo.

O presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat, Mercedes Rebolledo de Bodegas Joaquín Rebolledo e o secretario do concurso, José David Fidalgo.

 

    A Adega Joaquin Rebolledo recibiu o segundo premio na XV Cata-Concurso de Viños Tintos Galegos organizada co gallo da celebración do XXX Día de Galicia en Euskadi. A cata levouna a cabo a Asociación de Euskadi de Sumilleres dentro deste acto festivo que organizan dende a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

    Aínda que a festa se celebrou en Ermua o pasado 27 xuño a entrega do premio realizouse esta semana na sede do Consello Regulador Valdeorras en Vilamartín. Na entrega do diploma e figuriña estivo presente Mercedes Rebolledo de Adega Joaquín Rebolledo, José David Fidalgo Fidalgo o secretario do concurso e o presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat.

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores