12 Nov 2015

Premio Mezquita Oro para un viño tinto valdeorrés

Premio Mezquita Ouro

Premio Mezquita Ouro 2015

    A XXI edición dos Premios Mezquita que se celebraron na cidade de Córdoba galardoaron este ano a varios viños de Valdeorras. Este certame no que participan viños de denominacións españolas e portuguesas outorgaron un Premio Mezquita Oro á adega de A Rúa, Adega Melillas e Fillos SL co seu viño de uvas tintas, Lagar do Cigur Barrica 2011.

    O certame que se anuncia como o único concurso que se celebra anual e ininterrumpidamente en Andalucía dende fai 21 anos concede ademais premios Mezquita Gran Oro, Plata e Bronce. Nestes dous últimos apartados outras dúas adegas valdeorresas obtiveron galardón. A Adega A Coroa e a Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas no apartado Mezquita Plata e a cooperativa ruesa repetiu no Mezquita Bronce.

Premios Mezquita Oro 2015

    –  Adega Melillas e Fillos SL con Lagar do Cigur Barrica 2011 (mencía, merenzao, alicante e tempranillo).

Premios Mezquita Prata 2015

Premios Mezquita Prata 2015

 

Premios Mezquita Plata 2015

    –  Adega A Coroa co seu godello A Coroa 2014

    –  Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas con dous viños: Rua Garnacha 201 e Pingadelo Mencía 2014

Premios Mencía Bronce 2015

Premios Mencía Bronce 2015

Premios Mezquita Bronce 2015

    –  Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas con 4 viños: Amavia 2011, Pingadelo godello 2014, Rúa blanco 2014, Marquesiño godello 2014.

Soledad Figueroa

[arriba]

Novas Anteriores