10 Xul 2015

Os visitantes da XVIII Feira do Viño poderán degustar viños con múltiples premios nacionais e internacionais

SONY DSC

Unha nova edición da Feira do Viño de Valdeorras abrirá as súas portas mañá ao mediodía con 16 adegas participantes e varias actividades programadas para toda a fin de semana. A apertura realizarase ás doce e media do mediodía  coa presenza do pregoeiro Julián Villamarín Rodríguez, responsable da área de clientes internacionais da empresa Autoneum Spain Northwest SLU e  que conta cunha das súas factorías na localidade de A Rúa. Dous días cargados de actividades onde se combinarán a degustación dos viños das 16 adegas participantes con actos como a música do primeiro festival Valdeorrock e unha cata popular.  Ademais os visitantes contarán con transporte gratuíto dentro da vila barquense a través do tren turístico “Valdeorras Expreso” e os máis pequenos cun parque de xogos inchables nos xardíns da Casa Grande de Viloira, ao lado do recinto feiral.

 

SONY DSC

 

Posibilidade de catar viños con premios recentes

A partir da lectura do pregón,  os visitantes terán ao seu alcance a posibilidade de catar viños de primeiro nivel que recibiron recentemente premios tanto nacionais como internacionais.  Na feira estarán os tres viños de godello premiados na XXVII Cata de Vinos de Galicia concedidos a esta denominación (Acio de Ouro, Prata e Bronce), ademais  do mellor viño tinto de Galicia elixido nese mesmo certame. Tamén estarán presentes o único viño tinto galego que este ano recibiu un dos Zarcillo de Ouro 2015 na XVI edición nacional e VIII internacional dese concurso,  sen esquecer a presenza do godello gañador dunha Medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruxelas  e contando ademais con outro godello que logrou unha das tres medallas Gran Baco de Ouro concedido pola Unión Española de Catadores. O lugar para disfrutar de todos estes viños da Denominación de Orixe Valdeorras será a Praza de Viloira en O Barco durante toda a fin de semana.

 

SONY DSC

Cata final para elixir os viños da feira

Este mediodía celebrouse a cata final para elixir os tres viños brancos e outros tantos tintos que serán os gañadores da XVI Cata dos Viños da feira, ademais do viño que recibirá a mención especial outras anadas. Os 10 catadores expertos reuníronse onte e hoxe na sede do Consello Regulador en Vilamartín para elixir os gañadores de entre 34 viños participantes (15 brancos e 19 tintos). Os nomes dos gañadores coñeceranse o domingo ao mediodía na entrega de premios que se realizará no recinto feiral na Praza de Viloira (O Barco). Ademais estes viños serán protagonistas da Cata Popular que se celebrará ese mesmo día ás 13:30 horas no recinto feiral.  Os interesados solo terán que achegarse ao lugar de celebración do evento na propia feira. Haberá 50 prazas dispoñibles.

[arriba]

Novas Anteriores